Tuesday 07 de May de 2024

Eventos veciñais para esta fin de semana en Moeche


 

A asociación veciñal de Labacengos vai facer os seus 15 anos de vida traballando para a xente da parroquia e tamén para a de fóra que quere desfrutar das actividades que organiza. Este aniversario van celebralo cunha divertidísima montaxe da agrupación teatral do CMI Unidade de Fene titulada “A tenda do convento”. Unha obra con todos os ingredientes para rir a cachón tomando como fío condutor a crise que se vive nun convento por causa dos malos resultados económicos da tenda onde venden ao público os seus produtos artesanais. A busca dunha solución aos números vermellos desencadeará unha chea de situacións de moita risa servidas por esta compañía amadora, que chega a Moeche dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Cando acabe a representación servirase un rico chocolate con churros. A entrada no teatro é gratuíta. Porén, a asociación concibiu a celebración cunha finalidade solidaria e por iso se recollerán doazóns de produtos de primeira necesidade -conservas, leite, pasta, legumes, produtos infantís e de hixiene persoal, etc.- que se lle entregarán despois ao Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol.

Domingo 27. Moeche, Concello convidado ao Certame do Queixo Gamonéu e excursións das asociacións veciñais de Labacengos e Val de Moeche

O Concello de Moeche está convidado ao 40º Certame do Queixo Gamonéu que se celebra en Benia de Onís este domingo 27 de outubro. A empresa local Lácteos de Moeche será a única queixaría non asturiana que contará cun expositor nesta feira e, ademais, ao evento tamén asistirá unha delegación do Concello.

Pola súa banda, tanto a asociación veciñal de Labacengos como a do Val de Moeche organizan cadansúa excursión ao certame, para as que xa podedes ir apuntándovos dado que as prazas son limitadas:
Viaxe da AVV de Labacengos: visita á feira do Gamonéu e tamén á vila de Cudillero, 35€ persoas socias e 40€ non socias. Inscricións no 606 729 038.
Viaxe da AVV Val de Moeche: visita tamén ao certame do queixo e ao santuario de Covadonga, 40€ persoas socias e 45€ non socias. Inscricións no 622 916 160.